
O Cuarteto Quiroga nace coa vontade de render homenaxe á figura do grande violinista galego (pontevedrés) Manuel Quiroga, xunto con Pablo de Sarasate e Pau Casals, un dos máis grandes instrumentistas de corda da historia musical española.
«O Cuarteto Quiroga entrou na liga de conxuntos de primeira liña.»
--- J. Krakenberger
Dende a súa creación, o Cuarteto Quiroga ten actuado en numerosas salas, entre as que figuran Auditorio Nacional de Madrid, Palau de la Música Catalana de Barcelona, o Palau de la Música de Valencia, Palacio Euskalduna de Bilbao. Así mesmo, tamén ten actuado en diversos festivais, entre os que se inclúen a Quincena Musical Donostiarra, Festival de Música de Cámara de Osnabrück (Alemaña), Festival Internacional San Lorenzo del Escorial, Centro Europeo de Música de Cámara en París, Festival de Cuartetos de Reggio Emilia (Italia), Sandvikens Kammarmusikfestival (Suecia), Festival de Entrecasteaux, (Francia), Orlando Festival (Holanda), Encuentro Internacional de Música de Santander, KirchbergForum Gießen-Frankfurt, Festival Are-More de Vigo, Festival ViaStellae, Festival Internacional de Granada, Festivais de Cambrils, St.Cugat, Sta.Cristina d’Aro, así como nos ciclos de Música de Cámara en Buenos Aires, Montevideo, Córdoba, Bizkaia, Ourense, Pontevedra, León, Oviedo, Sevilla, Zaragoza, Tarragona, Madrid, Lisboa, PortoAlegre, Panamá, Provence, entre outros moitos.
As súas actuacions foron gravadas por RNE-2, RadioClásica, WDR, SWR-2 Alemaña, RadioFrance-FranceMusique, CatalunyaClassic, Radio Galega e Sony. Entre os seus colaboradores máis recentes cabe destacar a músicos da talla de Vladimir Mendelssohn, Víctor Rodríguez, Jensen Horn-SinLam, Tobias Carron, David Kadouch o Alfredo Perl.
«Un conxunto orixinal e estimulante, cun potencial de evolución e de maduración moi prometedor»
--- Simon Corley
En xullo de 2007 o Cuarteto Quiroga foi dobremente galardoado no Concurso Internacional de Burdeos (ex Evian) co Segundo Premio e o Premio da Crítica e a Prensa, sendo o primeiro Cuarteto de Corda español premiado nesta competición. Igualmente obtivo o Premio Especial do Xurado no Concurso Internacional de Ginebra 2006, Segundo Premio no Concurso Internacional “Musiques d’Ensemble” Paris 2006 as como os Primeros Premios nos concursos Primer Palau 2005, Ciudad de Manresa 2006 e Ciudad de Lucena 2006.
O cuarteto ten sido galardoado co Premio “Ojo Crítico” 2007 de RNE na categoría de Música Clásica e recentemente con tres premios especiais do xurado no Concurso Internacional “Paolo Borciani 2008” en Reggio Emilia, Italia.
O Cuarteto Quiroga traballou dende a súa formación co profesor Rainer Schmidt (Cuarteto Hagen) entre o 2004 e o 2006 n a Escuela Superior de Música Reina Sofía, grazas ao xeneroso mecenazgo da Fundación H. Gut de Prosegur e durante o curso 2006/07 no Instituto Internacional de Música de Cámara de Madrid (Fundación Albéniz). Complementan os seus estudos coa participación na Academia ProQuartet de Pont-Royal, Provence, dependente do Centro Europeo de Música de Cámara. Teñen recibido clases maxistrais de Walter Levin, Günter Pichler, Erich Höbarth, Paul Katz, András Keller, Johannes Meissl, Anner Bylsma entre outros. Recentemente remataron o seu Diploma de Cuarteto de Corda cos Profesores W.Levin y R.Schmidt na Musikakademie der Stadt Basel (Suiza).
Profesores e Cuarteto en Residencia no Curso Internacional de Música de Llanes dende 2005, o Cuarteto Quiroga ten na actualidade a súa residencia na Fundación Museo Cerralbo de Madrid.
Aitor Hevia

Nace en Oviedo. Comeza os seus estudos de violín á idade de seis anos co seu pai, Jose Ramón Hevia, continuando os mesmos con Iouri Nasoushkin. Obtén o diploma en Grao Superior de Violín no Conservatorio "Eduardo Martínez Torner". Amplía a súa formación con J. Glickman na "Guildhall School of Music and Drama" de Londres, e con Keiko Wataya e Ilie Grubert no Conservatorio de Amsterdam, onde finaliza os seus estudos coa s máis altas calificacións e a distinción Cum Laude. Recibe clases maxistrais de Alexei Mikline, A. León Ara, Félix Ayo, Boris Garlitzky, Charles A. Linale, entre outros. Obtivo bolsas de estudo do Ministerio de Educación y Ciencia, Principado de Asturias e CajAstur.
Foi concertino da Joven Orquesta Nacional de España e membro da Xoven Orquestra da Unión Europea ( E.U.Y.O.), sendo dirixido por mestres tales como C. Maria Giulini, Sir Collin Davis, B. Haitink, V. Ashkenazy, etc...
Como solista con orquestra ten actuado coa O.S.P.A. ( Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias ), Xove Orquestra de Zürich, Odón Alonso de León, interpretando concertos de Vivaldi, Mozart, Prokofief e Sibelius.
Foi profesor asistente de Keiko Wataya en Musikene e nos "Encuentros de Arte y Cultura" da Cidade Universitaria de Bilbao, así como profesor de Violin nos Cursos de Música Ciudad de Astorga. Actualmente é profesor de Violín e Cuarteto de Corda no Curso Internacional de Música de Llanes.
Cibrán Sierra

Nace en Ourense en 1979. Titulado Superior en Violín e Música de Cámara polo Conservatorio de Música de Vigo, Master in Music polo Conservatorio de Amsterdam, Diploma de Solista pola Universidade de Gotemburgo (Suecia) e Artist Diploma pola Universidade de Oberlin, USA. Estudou cos profesores Debbie Hamburger, Malin Broman, Per Enoksson, Keiko Wataya e Milan Vitek, con bolsas de estudos das Fundacións Caixa Galicia, CaixaNova e Segundo Gil Dávila. Paralelamente, recibiu clases e consellos de violín e música de cámara de Istvan Parkany, Marilyn MacDonald, Marc Lubotsky, Mihaela Martin, Taras Gabora, Félix Ayo, Nobuko Imai, Dimitri Fertschmann, Roger Chase, Marc Johnson, etc.
Gañador do 1º premio na ”2001 Volrdrich International Competition” (Suecia) e na ”Smithsonian Stradivarius Internship” (Washington DC, 2002), 1º premio no Concurso de ”Xóvenes Concertistas” de Galicia 1998 e gañador do ”Concerto Competition” da Universidade de Gotemburgo, foi finalista no Concurso Permanente de JJMM, 2000 e na ”Concerto Competition” de Oberlin, USA. En 2003 recibiu o premio Dean’s Talent Award da Universidade de Oberlin e o Premio Guido Vecchi 2004 en Gotemburgo, Suecia.
Ten ofrecido recitais e actuado como solista en España, Suecia, Dinamarca, Holanda, Portugal, EEUU, Rep. Checa e Alemaña. Como solista con orquestra ten interpretado concertos e obras de Bach, Mozart, Beethoven, Chausson, Bartók, Johansson, etc. Cabe destacar o Concerto n.1 de Bela Bartok acompañado pola Gothenburg Symphony Orchestra e a estrea absoluta do Concerto para violín do compositor sueco RogerJohansson, composto e adicado a el e que foi levado en xira con diferentes orquestras de Suecia.
Foi membro da JONDE e colabora profesionalmente con orquestras como a Sinfónica de Galicia, a Amsterdam Sinfonietta, a Ópera de Rouen (Francia), a Huaröds Kammarorkester (Suecia) e a Gothenburg Symphony Orchestra-National Orchestra of Sweden, coa que colabora actualmente de concertino asistente. Como concertíno e líder, ten traballado con batutas coma Gustavo Dudamel, Frans Brüggen, Sir Colin Davis, Jordi Savall, Lawrence Foster, Vladimir Ashkenazy, etc.
Ten gravado, como solista e en diferentes formacións, para NAXOS, a Radio Nacional Sueca, RNE2, Isidor Records Sweden e Punteiro. Durante 2003 e 2004 foi profesor asistente do Concertino Per Enoksson na Universidade de Göteborg, Suecia.
Dénes Ludmány

Nacido en 1980 en Bonyhad, Hungría, Dénes Ludmany graduouse en 1999 na Academia Franz Liszt de Budapest co Profesor Sandor Nagy. Durante 1999 e 2005 completou os seus estudos na Universidade do Mozarteum de Salzburgo, cos Profesores Thomas Riebl yeVeronika Hagen. Tamén cursou estudos na Academia da Orquestra Filarmónica de Munich, co profesor Albrecht Rohde.
Durante toda a súa carreira, ten gañado varios premios e galardóns en diferentes concursos internacionais, entre os que cabe destacar o Concurso Internacional de Viola de Debrecen (Hungría, 1995), Concurso Internacional de Viola de Bled (Eslovenia, 2002) ou o Premio “Raiffeisen Classic Prize 2004”.
Profesionalmente, traballou como Principal dos Salzburger Chamber Soloists e como viola da Camerata Salzburg. Tamén foi o violista do Ensemble Austríaco de Música Contemporánea (ÖENM). Ludmany colaborou frecuentemente con diversas orquestras, moi notablemente coa Filharmónica de Munich. En Munich traballa ademais con músicos da talla de Helmut Nikolai (Principal da MPO, viola do Cuarteto Rosamunda), Lorenz Nasturica e Sreten Krstic (concertinos da Filarmónica de Munich, MPO), Philip Korner (Principal de Cellos da Ópera de Stuttgart) e con directores de renome como James Levine, Zubin Mehta, Daniele Gatti, Peter Eötvös, Helmut Rilling, Günter Wand ou Christian Tielemann.
Membro do Ludmany Piano Trio, ofreceu concertos en Hungría, Austria, EEUU, Alemaña, etc.
Ademais, dentro de diferentes grupos de cámara, tense presentado en Hungría , Austria (Festival Mondseetage, Styrian Chamber Music Festival), Alemaña, Italia, España, China, Japón, etc. Como solista, cabe destacar a súa intervención nos festivaies I Palpiti de Los Angeles e Taos, Nuevo Mexico, promovido por Young Concert Artists Internacional Inc.
A difusión e o traballo dos repertorios contemporáneos son parte fundamental da actividade de Dénes Ludmany, tanto na súa faceta individual como dentro de ensembles (ÖEMN) e grupos de cámara.
A figura de Rainer Schmidt, co que tivo a oportunidade de cursar estudos de música de cámara en Salzburgo, ten marcado profundamente a personalidade musical de Dénes Ludmany.
Helena Poggio

Nace en Madrid e comeza os seus estudos musicales aos oito anos no Real Conservatorio de Madrid. En 1995 é aceptada na Escuela Superior de Música Reina Sofía, sendo seleccionada por Ivan Monigueti. Estuda nesta escola durante cinco anos baixo a dirección de Frans Helmerson. Obtén o Premio Extraordinario Fin de Carreira do Conservatorio Superior de Madrid en 1999. En agosto de 2000 trasládase a EEUU para continuar os seus estudos en Indiana University, onde estuda dous anos con T.Tsutsumi obtendo o “Artist Diploma”. Despois trasládase a New York onde estuda na Juilliard School e realiza un “Master of Music” durante dous anos con J. Krosnick y D. Adkins.
Recibiu clases maxistraies dos cellistas: L. Claret, D. Geringas, D. Ferschtman, B. Greenhouse, N. Shakhovskaya, J. Starker, e B. Pergamenschikov. En música de cámara traballou con M. Pressler, P. Farulli, M. Freid, R.Schmidt, D. Poppen, Juilliard Quartet e W. Levin entre outros.
Actuou en calidade de solista e con diferentes formacións camerísticas en España, Portugal, Alemaña, Holanda, Italia, Bosnia e os EEUU (Indiana, Kansas City, Washington DC, New York).Cabe destacar as súas actuacións en recitais no Auditorio Nacional de Madrid, dentro do ciclo da “Generación Ascendente”, Balneario Solán de Cabras, Cuenca- retransmitido por RNE-, Centro Cultural de la Villa en Madrid, Fundación Gulbenkian, Lisboa ou a Biblioteca Nacional de Sarajevo, Bosnia. Foi Invitada polo Festival Internacional de Lucena para interpretar as Varacions Rococó de Tchaikowsky acompañada pola Orquestra Ciudad de Granada dirixida por J.Pons con gran éxito do público. Igualmente invitada pola Joven Orquesta Millenium de Gijón, interpretou o concerto de Schumann baixo a dirección de O.Díaz-Suarez.
Como membro integrante de orquestra ten participado na Verbier Festival Orchestra asi como na Verbier Chamber Orchestra. Foi Primer cello da Orquesta Escuela Superior de Música Reina Sofía, da Symphony Orquestra Indiana University, da Juilliard Symphony Orquestra así como da Spoleto Festival Orchestra (USA) traballando con directores como J. Levine, K. Masur, Z. Metha, M. Rostropovich, o C. Dutoit entre outros.
Recibiu a mención de “Alumna máis destacada” da cátedra de cello de F. Helmerson na Escuela Superior de Música Reina Sofía dous anos consecutivos, sendo entregados por SSMM Reina Sofía de España. Primer premio Concurso Nacional de Instrumentos de Cuerda “Ciudad de Játiva”, International Bowed Instruments Contest “Julio Cardona” (Portugal), Concurso Permanente de Música de Cámara “Juventudes Musicales”, 4th annual Competition in Performance of Music from Spain and Latin-america (Indiana University), Premio do público en International Bowed Instruments Contest “Julio Cardona” e segundo premio no Concurso Internacional de Cuerda “Villa de Llanes”.
Becaria Fulbright durante dous anos consecutivos, ten recibido becas de diferentes instituciones como Juventudes Musicales de España, Fundación Coca-Cola España, Ministerio de Educación y Cultura, Comunidad de Madrid, Asociación de Interpretes y/o Ejecutantes (AIE). Finalizóu os seus estudios de violoncello con N. Shakhovskaya na Escuela Supeior de Música Reina Sofía.